WhatsApp procesou 18.000 millóns de mensaxes en Fin de Ano

xoves, 3 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Era visto que nas presentes festas as mensaxes de texto dende o móbil ían perder a guerra fronte ao WhatsApp como método para felicitar as festas, e dende a compañía detrás desta ferramenta de mensaxería instantánea confirman a través de Twitter que en Fin de Ano bateron doas as súas marcas diarias anteriores, con 7.000 millóns de mensaxes entrantes e 11.000 millóns de mensaxes saíntes, o que sumaría un total de 18.000 millóns de mensaxes procesadas.
A discrepancia entre mensaxes entrantes e saíntes vén producida polo feito de que WhatsApp permite grupos de chat, de xeito que cando hai un grupo de 4 persoas cada comunicación consideraríase como 1 mensaxe entrante e 4 saíntes.
Actualmente estímase que WhatsApp conta con 200 millón de usuarios a nivel mundial, que producirían uns 4.000 millóns de mensaxes entrantes ao día, do que pode entenderse que nos mercados nos que está normalizada a banda larga móbil superou considerablemente en uso ás mensaxes de texto.

PUBLICIDADE