Vodafone tamén ofrecerá conexións de 300 Mbps a través de fibra óptica

xoves, 21 de maio do 2015 Marcus Fernández

Parece que a Vodafone One, a oferta converxente de Vodafone para competir con Movistar, non parece ser dabondo para atraer a novos clientes, e busca ser máis competitiva, polo que elevará o seu teito de velocidade de banda larga mediante cable, de xeito que onde sexa posible pasará de ofrecer conexións de 200 Mbps a 300 Mbps, igualando así a velocidade de descarga de Movistar Fusión.
A mellora das actuais conexións de 200 Mbps a 300 Mbps non suporía carga adicional, polo que os usuarios con acceso á infraestrutura de Fibra Ono verán melloradas as condicións da súa oferta contratada. Polo momento a cobertura destas conexións en Galicia é moi limitada, xa que Ono carecía de redes de seu no noso territorio, pero actualmente Vodafone está a traballar para conseguir implantarse con forza na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e Ourense, o que contribuirá a que a compañía chegue ao seu obxectivo de levar a súa infraestrutura de fibra até 11 millóns de fogares a finais de 2016.

PUBLICIDADE