Vetan en Google á web Rojadirecta.com
mércores, 6 de febreiro do 2008

- Petición de Audiovisual Sport a Google argumentando a DMCA contra Rojadirecta.com
Audiovisual Sport conseguiu que Google eliminase
dos resultados das súas buscas boa parte das ligazóns á web galega
Rojadirecta.com apoiándose
na DMCA, por publicar información que permite a visualización de eventos
deportivos de balde a través da Internet.
Rojadirecta xa foi
denunciada por Audiovisual Sport o pasado mes de agosto, pero a lexislación
norteamericana permite o bloqueo dos seus contidos antes do fallo xudicial en
España, aÃnda que a aplicación da DMCA (polémica lei que protexe os dereitos de
reprodución nos EE.UU.) parece excesiva ó ter en conta que a web galega non
infrinxe o copyright directamente,
limitándose a informar da dispoñibilidade de encontros deportivos a través de
distintas plataformas en liña.
