AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Veo7 estrea páxina web tuiteira

martes 2 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 134.4 KB
Veo.es aposta por Twitter para comunicar a canle de televisión Veo7 coa súa audiencia

A canle de televisión Veo7, baixo o eslogan de «outra tele, outra visión» estrea páxina web elixindo un formato abraiante, xa que neste novo espazo non figuran nin a grella da programación, nin a descrición dos distintos programas, senón que está composta por unha especie de menú no que podemos seleccionar aos presentadores desta canle de televisión e, no xeito de picar co rato sobre os mesmos, visitaremos a súa conta de Twiiter, no que pretende ser unha aposta pola comunicación coa audiencia.
Veo7 tamén ten a súa propia conta oficial en Twitter, polo que estariamos ante a aposta máis decidida por esta plataforma de comunicación por parte dunha canle de televisión, no que supomos que é un intento de destacar sobre a competencia, aínda que podería ser contraproducente, posto que a páxina web de Veo7 está feita en Flash, de xeito que estaría pechada aos usuarios que accedan á mesma dende dispositivos móbiles.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS