Varios xogos para Android conforman o novo Humble Bundle

martes, 15 de abril do 2014 Marcus Fernández

R-Type II é un dos xogos incluídos no novo Humble Bundle

The Humble Bundle volve á carga cun lote de xogos para Android, que ofreceranse durante un par de semanas, e que destinarán parte dos seus ingresos a entidades benéficas como Fronteiras Electrónicas (EFF) e Child’s Play Charity.
Este recompilatorio de xogos inicia con forza con tres títulos que poderán adquirirse polo prezo que elixamos: Aralon: Sword and Shadow, un xogo de rol con gráficos tridimensionais; o xogo de quebracabezas Bag It!; e o clásico shoot’em up de desprazamento horizontal R-Type II.
Os usuarios que opten por pagar máis da media (4,66 dólares no momento de escribir estas liñas) poderán facerse tamén co magnífico The Cave (aventura de Ron Gilbert, creador de xogos como Maniac Mansion e a saga de Monkey Island); The Room Two (xogo de quebracabezas con físicas e gráficos tridimensionais); o clásico xogo por quendas Carcassonne; e varios xogos que irán incorporándose ao lote nos vindeiros días.

The Cave é un dos grandes títulos que conforman este lote de xogos para Android


Vídeo de presentación do Humble Mobile Bundle 5

PUBLICIDADE