SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Unha páxina web permite facer jailbreak a terminais de Apple

luns 2 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O lanzamento do primeiro iPhone nos EE.UU. viñera seguido da aparición dun truco que facilitaba a súa liberación (jailbreak) directamente a través dunha páxina web, polo que non eran precisos coñecementos técnicos de ningún tipo para o proceso e incluso provocaba situacións case cómicas ao atopar que nas tendas de Apple era frecuente ver terminais liberados. Curiosamente, coa chegada do iPhone 4 a España repítese esa vella historia, e agora, que queira poder instalar aplicacións non oficiais nun iPhone (incluíndo o iPhone 4), iPod Touch ou iPad pode visitar o dominio jailbreakme.com dende o navegador do seu trebello para, seguindo uns sinxelos pasos, libralo das restricións impostas por Apple, facilitándose a instalación de aplicacións non dispoñibles a través da App Store ou incluso hackeos coma o que permite o uso da aplicación de videoconferencia FaceTime a través de 3G (mentres que a ferramenta orixinal limita o seu uso a redes Wi-Fi).
Inicialmente este método de facer jailbreak (práctica que vén de ser considerada legal nos EE.UU.) tiñan un par de fallos que impedían o uso de MMS e FaceTime nos móbiles nos que se usaba, pero este defecto solucionouse con bastante rapidez. De todos os xeitos, cómpre avisar de que estamos ante un truco pouco probado e que parece estar a experimentar numerosas incidencias, polo que parece razoable recomendar agardar varios días antes de utilizar esta solución de liberación dos terminais de Apple, evitando así posibles bugs, así coma os problemas de saturación que está a ter o seu enderezo web (ante o seu uso por parte de milleiros de usuarios de todo o mundo).


Demostración do uso de jailbreakme.com
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS