Unha nova empresa quere potenciar a impresión baixo demanda
martes 23 de outubro do 2007, por | |
| Compartir |
Bubok é unha
nova iniciativa empresarial de José
Luis Delgado Guitart, Secuoyas e evoluZiona que pretende converterse nunha
plataforma de impresión dixital de libros baixo demanda que algúns comparan con
Lulu, aínda que
parece ter outra filosofía de negocio, a que non parece tratarse dunha
editorial senón dun servizo de impresión que pretende evitar os problemas
ocasionados pola obriga de facer grandes tiraxes para os autores que queiran
autopublicarse.
Este novo servizo pretende estar operativo en abril de 2008 (para celebrar o Día
do Libro), e vai
presentarse en sociedade o vindeiro día 6 no Foro Internacional de Contidos
Dixitais (FICOD) no IFEMA.
Para o desenvolvemento deste servizo os seus responsables pretenden
apoiarse na comunidade de usuarios da Internet, de xeito que convidan á
xente a participar en probas de usabilidade presenciais, a converterse en beta-testers, a presentar obras para a súa
publicación ou, simplemente, a falar do asunto para promovelo.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














