Unha funda permite correr Android dentro dunha aplicación para iPhone

venres, 22 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Jijia, filial da compañía especializada en virtualización de sistemas móbiles Haimawan, anunciou esta semana un produto realmente rechamante: a primeira funda para iPhone que, aparte de incorporar batería adicional e a posibilidade de usar unha SIM secundaria, facilita o uso dunha versión de Android (MESUIT OS 1.0) no propio iPhone a través dunha aplicación, podendo así mudar entre iOS e Android con só premer un botón.
MESUIT é o nome desta revolucionaria funda con modelos para iPhone 6/6s e para iPhone 6 Plus/6s Plus, que integra batería de 1.700 mAh e 2.500 mAh respectivamente, ofrecendo tamén 16 GB de almacenamento adicional para o iPhone. O seu prezo é de 999 iuans (136 euros) para o modelo para iPhone 6/6s e 1.099 iuans (150 euros) para o modelo para iPhone 6 Plus/6s Plus.
Este accesorio para o iPhone integra un procesador MediaTek MT6753 de 64 bits, 2 GB de RAM, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e LTE, ou sexa, que vén a ser como adherir un smartphone Android sen pantalla ao teléfono de Apple, de aí que serviría para integrar dos smartphones nun único dispositivo, o que poder resultar moi práctico, pero sacrifica a estética do iPhone e incrementa o seu tamaño e peso, polo que probablemente só resulta atractivo para un público moi concreto.

A funda integra compoñentes propios dun smartphone Android, incluíndo unha batería que tamén incrementa a autonomía do iPhone

Demostración do funcionamento da funda MESUIT

PUBLICIDADE