PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Unha editorial coruñesa integra códigos QR nos seus libros

martes 10 de xuño do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 88.4 KB
Dende os Bidibooks se pode acceder a contidos na Internet a través do móbil

E editorial coruñesa Netbiblo incorpora ao seu catálogo 2 coleccións, Urban Visions e World Visions, que amosan visións do mundo apoiándose na Web 2.0, pois estas obras coñecidas coma Bidibooks inclúen no seu interior códigos de barras bidimensionais (coma os códigos Bidi que emprega Caixanova en colaboración con Movistar) que se poden ler dende as cámaras dos teléfonos móbiles usando a aplicación de balde Kaywa Reader (ou moitos outros, coma o iMatrix para o iPhone), o que permite logo acceder a contidos na Internet ligados dende os libros.
Deste xeito, os Bidibooks abren un enfoque alternativo no mundo literario, xa que se poden apoiar en servizos como a Wikipedia, Flickr ou YouTube para completar os contidos amosados no papel.
Carlos Iglesias, director executivo de Netbiblo, define os Bidibooks como «a fusión entre vídeo, texto e fotografía, de xeito que o lector se converte nun lector activo» pois asegura que queren que «os nosos lectores sintan os libros nos seus móbiles».

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS