Unha correa de silicona converte o iPod nano nun reloxo de pulso

mércores, 17 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Tras o anuncio do actual iPod nano moitos comentaron a posibilidade de enganchalo nunha correa no pulso a xeito de reloxo, e este concepto vén de aproveitalo Griffin para lanzar o seu Slap, unha correa de silicona que pode acoller o iPod nano no seu interior, servindo tamén para protexer o reprodutor multimedia de Apple nun marco de goma que tapa a súa base dock e os botóns de volume,deixando só exposta a pantalla táctil e o conector para auriculares.
Este curioso accesorio venderase por 24,99 dólares (17,76 euros) en numerosas cores. Ao estar comercializado por Griffin é de agardar que nos vindeiros meses poderemos atopar o Slap nas tendas españolas.

PUBLICIDADE