Unha compañía da India prepara smartphones que funcionen con Android e Windows Phone

luns, 3 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Imaxe dun dos últimos smartphones con Windows Phone de Nokia

Polo que imos sabendo de Windows Phone 8.1 dá a impresión de que Microsoft está a facer concesións ante os distintos fabricantes de teléfonos móbiles para facilitar a adopción do seu sistema operativo móbil, e parece que os movementos nesa dirección serán os que permitirán que dende a India Karbonn Mobiles teña previsto lanzar en xuño o primeiro smartphone de arranca dual Android/Windows Phone.
Ao parecer, Karbonn asinou nos últimos días un acordo de licenza con Microsoft para Windows Phone (entendemos que aconteceu no marco do Mobile World Congress de Barcelona) e dado que os terminais que albergarían o sistema operativo de Microsoft son os que actualmente funcionan con Android (como xa vimos co Bluebird BM180), polo que a posibilidade de permitir que sexa o usuario o que decida o sistema operativo a utilizar quedaría aberta (quedando por ver se tal posibilidade é do interese dos consumidores).

PUBLICIDADE