Unha campaña de micromecenado para saldar a débeda grega provoca a caÃda de Indiegogo
mércores, 1 de xullo do 2015
Durante a xornada de onte a plataforma de micromecenado Indiegogo
padeceu unha importante caÃda provocada pola viralización dunha das súas campañas, organizada polo
británico Thom Feeney, a quen non se lle ocorreu outra cousas que procurar
xuntar 1.600 millóns de euros a través de pequenas achegas de cidadáns
individuais a cambio de recompensas moi variadas que van dende mandar unha
postal ao primeiro ministro grego, Alex Tsipras, a unhas vacacións en Atenas
durante dous dÃas, pasando por numerosos produtos de orixe grega.
A campaña de
micromecenado en Indiegogo, que volveu a estar
operativa grazas a un respaldo baseado nunha páxina estática para non
saturar os seus servidores, aÃnda que está moi lonxe de poder conseguir o seu éxito,
sorprendeu xuntando máis dun millón de euros en tres dÃas, cantidade que
claramente non chegará a cobrarse por non superarse o obxectivo da campaña no
tempo previsto, pero que serve para conseguir dar visibilidade internacional á
problemática grega dende o crowdfunding,
algo que cada vez é máis frecuente (moitos proxectos recorren a esta forma de
financiamento buscando máis visibilidade que cargos).
O responsable da campaña comenta que a súa iniciativa non está enfocada a
solucionar o problema dun paÃs ou duns polÃticos, senón que busca axudar aos
cidadáns, de aà que aproveite para recomendar a compra de produtos gregos e a
consideración de Grecia como destino para as vacacións (lembremos que a
meirande parte dos ingresos do paÃs proveñen do turismo) para axudar aos gregos
a superar a situación actual.