SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Unha aplicación poderá facilitar que os puntos de acceso Wi-Fi ignoren as interferencias provocadas por distintos dispositivos electrónicos

luns 26 de setembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 170.9 KB
Os fornos microondas teñen un impacto moi negativo sobre as comunicacións Wi-Fi domésticas

As comunicacións en redes sen fíos en banda libre teñen certos problemas como o feito de estar expostas a interferencias producidas por distintos dispositivos que empregan as mesmas frecuencias e incluso polos efectos dos fornos microondas, o que ocasiona que as nosas redes domésticas Wi-Fi perdan velocidade ou cheguen a desconectarse cando un veciño quenta o seu xantar na súa cociña, pero iso podería evitarse a través de software, xa que un grupo de investigadores desenvolveu Airshark, unha aplicación informática que analiza as comunicacións por radio frecuencia identificando dispositivos Bluetooth, teléfonos sen fíos, consolas de videoxogos, cámaras de vídeo vixilancia sen fíos e moitos outros elementos que poidan prexudicar ás nosas comunicacións, de xeito que illa os sinais que non correspondan a redes Wi-Fi, mellorando considerablemente o funcionamento das comunicacións sen fíos domésticas.
Esta solución pode integrarse en boa parte dos puntos de acceso que nos dan conexión á Internet no fogar, analizaría e identificaría os trebellos que emiten interferencias no noso contorno, e procuraría ignoralos, cunha taxa de falsos positivos de só o 0,39%, polo que o seu uso podería supor unha considerable mellora para as redes sen fíos domésticas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS