Un xogo en Flash permite enfrontar en combate a distintos personaxes bíblicos
mércores 9 de maio do 2007, por | |
| Compartir |
O programa de animación adulta da canle de televisión
TNT (chegada a España este mesmo mes), Adult
Swim, publica na Internet múltiples xogos en Flash que resultan sumamente
entretidos e divertidos, pero coa súa última entrega están a acaparar moita
atención, xa que o Bible Fight é un
xogo de loita no que se enfrontan 6 personaxes bíblicos: Xesucristo, Eva, a
virxe María, Moisés, Noé e Satanás.
O Bible Fight
conta con dúas modalidades de xogo: torneo e arcade. Ademais, cada personaxe
ten varios golpes especiais que resultan tanto orixinais coma simpáticos,
podendo ver a Cristo golpear cunha cruz, a Moisés utilizando contundentemente
as táboas da Lei ou a Noé atacando cunha manada de animais.
Concluímos dicindo que o xogo parece acadar os seus obxectivos sobradamente,
pois resulta rechamante o seu descaro á vez que entretén ós internautas que se
achegan a el para botar unha partida e tentar descubrir cal é o personaxe
oculto ó que só se pode acceder tras avanzar debidamente no xogo (aínda que advertimos que é doado adiviñar de quen se trata).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














