Un videoxogo indie permitiranos encarnar a populares heroes do cine de acción

venres, 11 de abril do 2014 Marcus Fernández

Para o vindeiro verán está previsto o lanzamento do xogo Broforce, título con aire retro (que pode lembrarnos remotamente á saba Metal Slug) que busca homenaxear aos filmes de acción dos anos 80 e 90, ofrecendo unha acción directa controlando a personaxes baseados en Conan, Rambo, John McClane, M. A. Barracus, Ripley, MacGyver, Blade, John Matrix, Ash ou o ranger de Texas Walker, tendo que derrotar a numerosos inimigos ata chegar a un xefe final que eliminar, podendo rescatar prisioneiros polo camiño.
Este xogo repleto de acenos a películas e series de televisión, que combina con bastante acerto nostalxia e humor, incluso ofrecerá modo cooperativo local, e os máis impacientes poderán comezar a gozar da súa versión de proba, pois vén de estrear as súas versións para Windows e OS X en Steam con acceso anticipado por 13,99 euros.
No seu estado actual o xogo ofrece numerosos personaxes que manexar, modos cooperativo e competitivo de ata 4 xogadores, niveis contrarreloxo, a posibilidade de destruír practicamente todos os elementos do decorado e un editor de niveis (que poderanse compartir en liña. Pretende sumar novos personaxes e misións nos vindeiros meses, así como pulir o estada actual do xogo, mellorar as explosións e revisar e ampliar o seu apartado musical e sonoro.
Este xogo podería compararse como o equivalente en videoxogo da saga de filmes de Los Mercenarios.


Vídeo no que dan a coñecer a publicación do xogo en acceso anticipado

PUBLICIDADE