Un programador de Ribeira publica 3 xogos en Google Play
martes, 19 de xuño do 2012
- Trivial Imagen está a ser o xogo de Juamba con mellor acollida
Juan Bautista Pouso,
desenvolvedor da versión para dispositivos con Android da aplicación móbil
Classora Finance, tamén dálle aos videoxogos, sumando xa un total de 3
tÃtulos publicados en Google Play, dos que 2 contan con versión de balde e
versión de pagamento, conseguindo un deles, Trivial
Imagen (trivia quiz) superar as 15.000 descargas, mentres que Bubble
Crash e MacBall
mantéñense en rexistros máis modestos.
Este programador informático natural de Ribeira optou por emprender en vez de
continuar a traballar como analista-programador para empresas galegas,
estreando o seu primeiro xogo na tenda de aplicacións de Google o pasado mes de
outubro, polo que é todo un logro que conseguise chegar aos 3 tÃtulos
publicados en menos de medio ano.
Segundo declarou nas páxinas de La Voz de Galicia, Juan Bautista pretende agora
incrementar o volume de descargas dos seus xogos (para poder redibilizar as
versións de balde), adaptalos a iOS e crear
a súa propia empresa neste ámbito, que terÃa sede no Milladoiro ou en
Compostela.
- Juan Bautista retratado en La Voz de Galicia</A>