Un pontevedrés gaña o concurso Come con Rajoy
mércores 7 de xaneiro do 2009, por |

- FotografÃa de Gregorio Andión realizada por Rafa Vázquez para La Opinión
O Partido Popular lanzou o
pasado mes de setembro un concurso de vÃdeos baixo o lema Come con Rajoy, ao que se presentaron distintos clips cunha
duración máxima de 1 minuto nos que se reflectÃa «a situación polÃtica e económica en España», e da que se agardaba
que o gañador se dese a coñecer o pasado 20 de outubro, pero ata agora non se
lle dera notoriedade na Rede, e agora sabemos que foi
o pontevedrés Gregorio Andión López quen coa súa peza La Voz de la Calle
gañou un xantar co presidente do PP, Mariano Rajoy, aÃnda que non se coñece
cando se celebrará o encontro gastronómico.
O concurso creara certa polémica, o que levara
ao PP a suprimir a súa promoción da súa web, pero parece que seguiu adiante
sen problemas, e un sinxelo vÃdeo afeccionado logrou superar incluso a Pablo
Motos, do programa El Hormiguero de
Cuatro, asà como a outras pezas máis artÃsticas.
La Voz de la Calle foi o vÃdeo gañador do concurso Come con Rajoy
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















