Un novo software podería cualificar a credibilidade das entradas da Wikipedia

venres, 7 de setembro do 2007 Matías Olazabal

Se ben até hai ben pouco a credibilidade de Wikipedia non era un tema importante dentro do mundo dos cybernavegantes, dunhas semanas a hoxe as novas acerca das modificacións con intencións pouco ou nada relacionadas co obxectivo de completar a información real nela contida, un grupo de amigos da Universidade de California vén de crear un programa que permitiría cualificar a credibilidade das modificacións feitas na enciclopedia virtual.

O sistema é simple: o que fai o programa é analizar a reputación dos contribuíntes e segundo a mesma dálle ó texto a cor correspondente a cada edición segundo a mesma. As cores van dende o laranxa claro até un ton moito máis escuro, segundo a fiabilidade das entradas, sendo as leves pouco fiables e as escuras menos fiables aínda.

O máis curioso é o sistema mediante o cal o programa entrecruza os datos das entradas e os seus autores nun intento por amosar a fiabilidade das mesmas. O truco é o seguinte: analizar canto duran as entradas sen seren modificadas. Deste xeito, un autor con varias entradas que durasen moito tempo serían autores fiables dentro do universo Wikipedia. Se ben aínda está en estado de probas o programa pódese baixar de http://trust.cse.ucsc.edu

PUBLICIDADE