
O traballo premiado abrangue a problemática de explicar en linguaxe común as complexas series de números derivados dos cálculos efectuados en disciplinas como a meteoroloxía. Estas predicións realízanse logo de descifrar a información tirada dos cálculos numéricos; pois á hora de xerar descricións, a máquina non é quen de traducir todos eses datos á linguaxe natural para que a súa doada comprensión, polo que segue sendo precisa a intervención humana no proceso. Isto supón un atranco para o mecanismo, pois ten que restrinxir o ámbito da predición ao conxunto do territorio da Comunidade Autónoma, xa que sería inviable multiplicar o número de predicións polo total de concellos (no caso de Galicia, 314). Coa vontade de superar esta barreira e mellorar a plataforma web que serve estes datos aos usuarios, nace a idea proposta por Alejandro Ramos, un traballo que presenta un algoritmo que traduce en texto, de xeito completamente automático, a información numérica, o que fará máis doado o proceso de introdución desta nova ferramenta en servizos como MeteoGalicia, que xa vén de amosar o seu interese pola tecnoloxía desenvolvida no dito estudo, de cara a achegar diariamente aos seus usuarios predicións meteorolóxicas específicas do eido local.
Un investigador do CiTIUS, recoñecido pola Deputación de Pontevedra por unha proposta para mellorar os sistemas de MeteoGalicia
Compartir Este Artigo
