SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Ultiman a presentación da candidatura do dominio de Internet .gal

martes 6 de decembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 289 KB
Manuel González, presidente da Asociación PuntoGal, xunto a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira

Tras unha longa espera, achégase o momento no que ICANN abrirá o procedemento para aceptar propostas de novos dominios da Internet, o que acontecerá o vindeiro 13 de xaneiro, de aí que nos pasados días representantes da Asociación PuntoGal tivesen unha xuntanza coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para ultimar a presentación da candidatura que persegue un dominio para a lingua e a cultura galegas.
Dende Modernización destacaron que nos últimos anos a Xunta financiou a través de distintos convenios de colaboración as actividades da Asociación PuntoGal para impulsar o seu fin, tanto a nivel local como a través da presenza en distintos encontros de ICANN ao longo do mundo.
Neste tempo adheríronse á Asociación PuntoGal 108 entidades, máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas e países e superáronse os 12.000 apoios individuais á candidatura para que o dominio .gal poida converterse nunha realidade.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS