Ubisoft prepara un novo xogo de fútbol para antes do verán
luns 8 de marzo do 2010, por |
Nun mercado
dominado por dúas grandes franquías coma son Pro Evolution Soccer e FIFA,
Ubisoft
atrévese a entrar cun novo xogo para PC, Xbox 360 e PlayStation 3 chamado Pure Football, que estará centrado
en partidos de 5 contra 5, con cámara sobre
o ombro (somerxendo no xogo en vez de amosando unha perspectiva televisiva coma os seus principais
competidores), personalización de personaxes e un modo multixogador local para
4 xogadores (soportando tamén un modo competitivo en liña de 1 contra 1).
Esta interesante aposta que posiblemente chegará a España baixo o título de Pure Fútbol ten
programado o seu lanzamento mundial para o mes de maio.
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















