Ubisoft oferta os seus xogos con importantes descontos na PlayStation Store

mércores, 21 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Sony volve a renovar as ofertas da súa tenda de xogos en liña para consolas PlayStation, e desta volta destaca como oferta estelar o xogo de rol de ciencia ficción Star Ocean: Integrity And Faithlessness Digital Edition, que de xeito promocional custará 34,99 euros, aínda que no caso dos membros de PlayStation Plus a rebaixa será aínda maior, e poderá adquirirse este impresionante xogo por só 22,99 euros, ou sexa, cun 61% de desconto. Pero a cousa non queda aí, e até o 5 de outubro os xogos de Ubisoft para PS3, PS4 e PS Vita terán importantes rebaixas.
Estamos ante unha grande oportunidade para facernos con títulos como Assassin’s Creed: Syndicate, Far Cry Primal, Rainbow Six Siege, Tom Clancy’s The Division oiu Raymand Legends a un bo prezo, entrando tamén na promoción os seus pases de tempada e contidos descargables.
Algúns exemplos destas ofertas serían, para usuarios con PS Plus, The Division por 26,49 euros, Assassin’s Syndicate por 19,99 euros, Rayman Legends por 11,99 euros; mentres que calquera usuario pode facerse tamén con grandes xogos como Far Cry Primal por 21,99 euros, Far Cry 4 por 14,99 euros, Assassin’s Creed Unity por 14,99 euros ou Watch_Dogs por 9,99 euros.

PUBLICIDADE