Txtr, un lector de libros electrónicos con alta conectividade
luns, 26 de xaneiro do 2009
A empresa xermana
Wizpac anuncia que para o terceiro trimestre de 2009 comercializará o seu
lector de libros electrónicos txtr, que
de chegar a concretarse nunha realidade serÃa toda unha revolución que poderÃa
achegar a Europa unha experiencia semellante á do Amazon Kindle norteamericano.
Este lector baseado en eInk ten unha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de
600 x 800 pÃxeles (o que se considera un estándar hoxe en dÃa), un procesador
Freescale a 532 MHz, un acelerómetro 3D para detectar a orientación da
pantalla, lector de tarxetas microSD (incluirá unha de 4 Gb de serie),
conexións USB 2.0, conectividade 3G/GRPS, Wi-Fi e de baixo consumo na banda de
2,4 GHz, Bluetooth 2.1 (para son, teclado externo e outras ampliacións
futuras), baterÃa recargable e tenda en liña integrada, de xeito que resultarÃa
moi atractivo tanto para a lectura de libros como para o acceso a novas.
O dispositivo é compatible con documentos en formato ePub, PDF, HTML, Office e
outros, e a súa estrutura é aberta, de xeito que conta cunha API para que
terceiras compañÃas poidan desenvolver as súas propias aplicacións (¿edicións
móbiles de xornais?).
O txtr parece un produto atractivo para moitos usuarios, pero nos
EE.UU. terá difÃcil penetrar no mercado ante a popularización do Kindle
(que se ve coma o iPod os lectores dos libros electrónicos), aÃnda que en
Europa poderÃa ter unha posibilidade de contar co apoio de medios de
comunicación e editoriais.