Twitter terá aplicación oficial para iPhone

luns, 12 de abril do 2010 Marcus Fernández

Para utilizar Twitter no iPhone existen multitudes de aplicacións, o que dende a compañía consideraban que era algo bastante confuso para os usuarios, de xeito que decidiron pechar un acordo con Atebits, compañía responsable da aplicación Tweetie 2, á venda por 2,39 euros, que pasará a ser de balde e a distribuírse como a ferramenta oficial de Twitter (baixo o nome de Twitter for iPhone).
Esta medida será benvida por moitos usuarios que buscan algo máis do que poden atopar nas aplicacións de balde que facilitan o acceso a Twitter dende o iPhone, aínda que, pola contra, non está ben vista polos desenvolvedores, pois consideran que ao aparecer unha aplicación oficial de Twitter (que sería a primeira en aparecer nas buscas na App Store) restaráselle moito peso a outras ferramentas moi populares actualmente.

PUBLICIDADE