Twitter procurará que non se nos pasen por alto chíos importantes

xoves, 22 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Plataformas sociais como Twitter tenden a dar moita importancia á inmediatez, de xeito que o último momento é o que ten máis peso e os contidos son habitualmente fugaces, pero nós non podemos estar a cada minuto pendentes do que se coce na Rede, e por iso dende Twitter anuncian unha novidade para a cronoloxía de Inicio: unha recompilación con algúns chíos relevantes das contas que seguimos e que puideron pasársenos por alto mentres non estabamos a usar Twitter.
Esta funcionalidade axudar a superar a imposibilidade de ler cronoloxías completas cando seguimos a moitos usuarios ou a usuarios moi activos, e só veremos esta recompilación de chíos cando esteamos un certo tempo sen conectarnos para facilitar que nos poñamos ao día sen comprometer a natureza de tempo real de Twitter. Os chíos destacados estarán sinalados baixo o título “Mientras no estabas” en dispositivos con iOS, que son os que hoxe estrean esta funcionalidade hoxe, mentres que nos vindeiros días esta funcionalidade tamén chegará á aplicacións para Android é á versión web do servizo.

PUBLICIDADE