Twitter leva varias horas funcionando con problemas
xoves 8 de outubro do 2009, por | |
| Compartir |

- As actualizacións de Twitter non parecen estar a distribuírse entre os seus seguidores
A plataforma de microblogging Twitter volve a dar
problemas, o que parecía ser cousa do pasado, pero cada vez é máis habitual.
Desta volta, o servizo está a funcionar dende o punto de vista de que a web
responde ao usuario, pero fracasa
á hora de amosar as mensaxes dos usuarios aos seus seguidores (aínda que si
poden consultarse individualmente en cada perfil).
No momento de escribir estas liñas o servizo leva 3 horas fallando e dende
Twitter recoñecen a incidencia dende hai pouco máis dunha hora. Resulta
preocupante que acontezan estas cousas canto máis popular é un servizo, pois o
invalida como ferramenta para múltiples usos antes a súa reducida fiabilidade.
Por sorte, existen moitas alternativas, entres as que están plataformas coma
Facebook (que tamén experimentou problemas nas últimas semanas).
ACTUALIZACIÓN: A incidencia solucionouse finalmente quedando nunhas 3/4 horas de mal funcionamento.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














