Twitter adopta oficialmente a xeolocalización
luns 15 de marzo do 2010, por |
Nas últimas semanas
múltiples servizos na web (coma Google Wave) están a apostar pola
xeolocalización, de xeito que as anotacións dos seus usuarios poidan rexistrar
a posición xeográfica dende a que se realizaron, e nesta liña tamén avanza
Twitter, que dende hai varios meses permitÃa que este tipo de prestacións a
través da súa API oficial (para que as aplicacións alleas ao servizo puideran
facer uso desta nova caracterÃstica) e, finalmente,
adoptou a xeolocalización na súa páxina web, de xeito que cando un
usuario remita un tuiteo coa
xeolocalización activada, o seu comentario amosará unha icona que, ao picar
sobre a mesma, abre un pequena mapa no que márcase a ubicación da anotación.
Pero as novidades non quedan aÃ, senón que Twitter tamén comezou
a utilizar o seu propio abreviador de ligazóns (twt.tl) por motivos
de seguridade e agora tamén amosan
unha especie de ficha cos datos de cada usuario se situamos o
punteiro do rato sobre o seu avatar, o que serve para achegar información e
para iniciar dende alà accións coma citar a un autor ou reenviar unha mensaxe
súa.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















