Tuenti estrea estatexia local con Tuenti Sitios

xoves, 25 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A rede social de máis éxito entre a mocidade española, Tuenti, vén de dar un interesante paso na súa estratexia local, estreando Tuenti Sitios, un novo xeito de compartir impresións sobre locais de lecer en toda España que podería converterse nunha guía de referencia que estréase con máis de 3.000 lugares (restaurantes, bares, discotecas, cafeterías…) cun espazo en Tuenti de seu no que os usuarios poden compartir fotografías, escribir recensións e consultar, mediante mapas dinámicos, os demais sitios próximos aos seus locais favoritos.
Esta nova funcionalidade permitirá que os usuarios de Tuenti non só poidan opinar sobre os seus locais favoritos ou etiquetar fotografías das súas festas e xuntanzas, senón tamén compartir cos seus amigos recomendacións de lecer, no que dá a impresión de que estamos nunha das meirandes novidades orixinais por parte de Tuenti, que incluso podería ser replicada por Facebook (cando normalmente acontece xusto o contrario, e é Tuenti o que ten que inspirarse na plataforma creada pro Mark Zuckerberg).

PUBLICIDADE