Thief e Yakuza 4 destacan entre os xogos de PlayStation Plus en febreiro
venres, 30 de xaneiro do 2015
Tras
recuperar a súa boa sona nos meses de decembro e xaneiro, a oferta de xogos
que recibirán os subscritores de PlayStation Plus no mes de febreiro
parecen soltar o acelerador, pero manter aÃnda un bo nivel xa que, aÃnda que os
usuarios de PS4 teñan que conformarse con recibir xogos independentes como Apotheon e Transistor
(este último con grande sona), no caso da PlayStation 3 os xogos incluÃdos
teñen bastante peso, xa que serÃan o relativamente recente Thief
e Yakuza
4. No caso da PS Vita tamén temos unha situación semellante á da PS4,
con tÃtulos pouco relevantes, como a aventura de plataformas Rogue
Legacy (que destaca por ser un produto Cross-Buy que tamén pode gozarse na PS4 e na PS3) e a nova aventura
Kick & Fennick.
Estamos ante unha oferta de xogos bastante inferior á do mes de xaneiro, pero
aÃnda non tan deficiente como a que se fixera habitual a mediados de 2014, polo
que aÃnda hai esperanza en que Sony continúe a fornecer o catálogo de xogos de
PlayStation Plus durante os vindeiros meses e non se limite a ofrecer grandes
xogos cando se achegan os perÃodos de renovación de subscricións. A nova oferta
de xogos descargables para subscritores de PlayStation Plus chegará o 4 de
febreiro.
- Thief chegará a PS3 sen custo adicional para os subscritores de PlayStation Plus
- Rogue Legacy pode xogarse indistintamente en PS4, PS3 e PS Vita
VÃdeo promocional dos xogos incluÃdos en PlayStation Plus en febreiro