The Conduit decepciona á crítica
venres 3 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
O vindeiro
día 10 chega ás tendas españolas o videoxogo The Conduit, coa esperanza de ser un xogo de acción en primeira
persoa para Wii que podería convencer aos hardcore
gamers, e sobre o que había moitas esperanzas, pero a crítica internacional
xa se dedicou a poñelo no seu sitio, e finalmente parece que este xogo destaca
especialmente no catálogo da consola doméstica de Nintendo, pero se o
comparamos con outros títulos do mesmo xénero non resiste o balance, e teriamos
un xogo decente, pero que para nada convencería a un afeccionado ao xénero para
pasarse á Wii, como se aseguraba hai uns meses.
De feito, dende Game Informer din cousas que a
experiencia de xogo en rede con The
Conduit é lixeiramente mellor á que poidamos ter nun PC ¡en 1998!
e a
xente de Nintendo World Report non parece estar convencida do seu modo de
campaña de un xogador; aínda que por outra banda en GameSpot
comentan as bondades
do seu sistema de control.
Se miramos a puntuación
que recibe este xogo en Metacritic (sistema baseado nas críticas en
revistas e páxinas web especializadas) é un digno 74 sobre 100, quedando no
posto 27 nos títulos recentes e próximos de Wii, o que non resulta nada
rechamante, polo que aínda que esteamos a falar dun produto que tecnicamente poida
converterse nun referente, iso non impide que dende
Giant Bomb o valoren cun 4 sobre 10.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














