Televisión Española censura o incidente da gala eurovisiva de onte
martes 23 de febreiro do 2010, por |

- A web de TVE editou o vÃdeo coa polémica intervención de John Cobra.
A pasada noite Televisión Española emitiu a gala de selección de candidatos
para representar a España en Eurovisión, pero a competición musical quedou
eclipsada pola groseira intervención dun dos participantes, John Cobra, que
respondeu mal aos apupos do público, con xestos e expresións sumamente groseiras,
que aÃnda que levaron á difusión de gravacións deste polémico momento na web a través de servizos coma YouTube, aÃnda que esta mañá os
usuarios que recomendaron estes cortes de vÃdeo a través de plataformas de
redes sociais e blogs atoparon que o clip viña de ser vetado de YouTube por
unha reclamación de dereitos de copyright, de xeito que para poder
velo era preciso visitar a páxina web de RTVE, o
que tampouco puido facerse durante moito tempo, xa que dende o ente público
decidiron editar o vÃdeo que causou tanto rebumbio para eliminar os «insultos e xestos despectivos e obscenos»
porque consideran que «as imaxes do
comportamento de John Cobra non son axeitadas para unha televisión pública»,
o que na Internet está a ser cualificado como un acto de
censura.
Resulta bastante triste que o ente público non só elimine os contidos que non
considere axeitados da súa web, senón que vete a súa publicación noutras
plataformas, o que está a limitar a liberdade de información dos cidadáns, que
poden querer ver o momento que causou a polémica que deu tanto que falar
durante as últimas horas.
Cómpre lembrar que o participante que causou tal malestar a TVE fora elixido
por votación popular grazas ao apoio de Forocoches.com, web dende a que promovÃan a
candidatura de John Cobra coma un xeito de facer burla do propio concurso
televisivo e dende a que agora sosteñen que o ente público organizou un «programa trampa» para
librarse dun candidato co que non estaban conformes.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















