Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Telemadrid HD comezará as súas emisións en febreiro

xoves 4 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

Nun momento no que a televisión analóxica está cesando as súas emisións en España, moitas canles españolas están apostando polo cambio de formatos, de xeito que migran boa parte da súa programación ao formato panorámico, adaptándose aos televisores modernos, pero algúns van máis aló, e así temos que Telemadrid vén de anunciar que vai estrear emisións en alta definición o vindeiro 17 de febreiro co partido Oporto-Arsenal correspondente aos oitavos de final da Champions League, que será o programa que estreará Telemadrid HD.
Outras canles autonómicas pertencentes á FORTA tamén emitirán estes partidos de fútbol en alta definición, e na actualidade este tipo de emisión están a funcionar en Cataluña, Valencia, Asturias e Aragón, mentres que en Galicia deberemos agardar ao lanzamento de TVE HD para poder ver a alta definición en aberto a través da TDT, posto que non hai previsións para a chegada dunha canle autonómica deste tipo.

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa