AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Telefónica quixo calar que o seu ADSL estaba entre os máis caros de Europa

luns 6 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Nas últimas datas Telefónica está a ser branco de moitas miradas por mor das súas políticas sobre o acceso á Internet e as tarifas planas, e para botar máis leña ao lume aparece a nova na Rede de que os avogados de Telefónica intentaron sen éxito que sexa confidencial o dato de que os consumidores españois pagabamos polas conexións de banda larga un 20% máis que a media da UE-15 entre 2001 e 2006, polo que en 2007 impúxoselle unha multa de 152 millóns de euros por abuso de posición dominante e, aínda que o asunto aínda non rematou a vía xudicial.
A elevada contía da sanción parece ser produto do pouco impacto que tiveron outras sancións anteriores da Comisión Europea a TeliaSonera, Deutsche Telecom e France Telecom (de 13,8, 12,6 e 10,35 millóns de euros respectivamente), de xeito que agardan que a nova dureza neste ámbito disuada ás operadoras dominantes a continuar as súas políticas abusivas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS