Telefónica podería comercializar unha tarxeta SIM con Wi-Fi
martes 9 de febreiro do 2010, por |
Segundo BandaAncha.eu unha
das novidades que lanzará Telefónica durante o Mobile World Congress de
Barcelona será SIMfi, que vén a ser unha tarxeta
SIM que agocha no seu interior un punto de acceso Wi-Fi, de xeito que
facilitaría compartir a conexións de banda larga móbil con outros dispositivos a
parte do teléfono coma ordenadores portátiles, o que evitaría o uso de modems
3G e eliminaría a necesidade dunha segunda tarxeta SIM para o acceso á Internet
móbil.
A SIMfi sería o nome comercial que Telefónica daría á Connect SIM de Sagem Orga, e que sería a primeira SIM en
integrar Wi-Fi, abríndoa a moitas posibilidades. Haberá que agardar a ver a
presentación oficial do produto para ver se o seu prezo é o suficientemente
atractivo.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















