Telefónica incrementará de 6 a 10 Mbps a velocidade do seu ADSL de referencia
xoves 2 de setembro do 2010, por |
Durante o XXI
Encontro de Telecomunicacións organizado por AETIC e Telefónica coa UIMP,
Guillermo Ansaldo, presidente de Telefónica España, anunciou que as
conexións de ADSL de 6 Mbps da súa compañía incrementarán de balde a súa
velocidade a 10 Mbps nun proceso que comeza agora e que prolongarase ao ano
que vén. As
velocidades de subida tamén pasarán
dos 640 Kbps actuais a 800 Kbps. De todos os xeitos non todos os usuarios
poderán gozar das novas velocidades por motivos técnicos, como tamén aconteceu
co resto de melloras de velocidade das conexións ADSL (especialmente ao pasar
de 3 a 6 Mbps), posto que a distancia dos domicilios ás centrais limita as
velocidades que poden ofertarse.
Con esta medida Telefónica busca converter os 10 Mbps como a velocidade de
banda larga de referencia, ao igual que na banda larga móbil buscarán
xeneralizar a velocidade de 7,2 Mbps este mesmo ano onde haxa cobertura HSDPA,
aínda que nalgunhas zonas están a contar con velocidades aínda maiores, de
xeito que en Madrid e Barcelona pasarán de 21 a 42 Mbps na banda larga móbil, o
que durante 2011 pretenden trasladar a cidades con máis de 250.000 habitantes.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















