Telefónica achéganos o primeiro móbil con Android, o sistema operativo de Google
luns, 13 de abril do 2009
Telefónica, nunha das súas moitas accións
que a levaron a situarse como a
primeira operadora de telecomunicacións de Europa (e terceira do mundo por
detrás de China Mobile e AT&T), vén agora de anunciar a disposición do HTC
Dream para os seus clientes, o primeiro dispositivo móbil que incorpora o
sistema operativo Android™ con aplicacións de Google.
Deste xeito, a compañía española convértese
na primeira operadora en traer ao noso país un dispositivo co devandito sistema
operativo e ratifica o seu liderado á hora de incorporar ao mercado os teminais
móbiles máis avanzados.
O HTC Dream estará dispoñible a partir da
vindeira semana por un prezo que oscila entre os 0 e os 179 euros para os
clientes que proveñan de outras compañías móbiles, e entre 0 e 299 euros para
os actuais clientes de Telefónica que pasen de prepago a contrato.
Tamén estará dispoñible dende 0 euros no programa de puntos, porén os
prezos variarán segundo o compromiso de voz e datos que queira contratar o
cliente en función da intensidade de uso que vaia ter.
O HTC Dream, fabricado por HTC, conta
unha interface divertida e intuitiva con acceso táctil. Dispón dunha brillante
pantalla de alta calidade que esbara para mostrar o teclado Qwuerty completo e
é ideal para comunicarse en liña ou usando as prestacións de correo electrónico,
mensaxería instantánea e móbil das que dispón o teléfono.
Asemade, o terminal conta con acceso ao Android Market™, a tenda virtual na que se poden atopar
centos de aplicacións exclusivas para seren descargadas de balde e persoalizar
o móbil ao estilo de cada cliente.
O HTC Dream trae instalado de fábrica as máis populares aplicacións de
Google, como YouTube, Google Maps e Gmail, a ferramenta de correo electrónico
que permite recibir e enviar correos electrónicos automaticamente e en tempo
real directamente dende o móbil.
Grazas ás conexións 3G e Wi-Fi deste dispositivo, os usuarios de Telefónica
poderán adxuntar e compartir imaxes mediante correo electrónico e mensaxes
multimedia (MMS), ou descargar música dende os seus sitios favoritos, así como
subir e publicar fotografías no seu blog persoal, manténdose ao día na moderna
web 2.0.
Con este lanzamento, os responsables da
compañía aseguran “abrir unha fiestra a
desenvolvedores, consumidores e empresas, para acelerar a adopción masiva de
Internet móbil en España”.
Asemade,
como parte dese compromiso de desenvolvemento das telecomunicacións, o
lanzamento vén acompañado da 1ª edición do Concurso
HTC-MovilForum de Ideas e Desenvolvemento de Aplicaións para Android, que
terá lugar entre o 20 e o 21 de maio.
