Super Mario Run chegará a Android en marzo
xoves, 19 de xaneiro do 2017
Rematamos
2016 coa aparición do xogo Super
Mario Run en Google Play como xogo en rexistro previo para que
os interesados en gozar deste esperado xogo na súa versión para Android reciban
un aviso en canto estea dispoñible, e ante a falta de previsión de data de
lanzamento oficial da plataforma na que sen dúbida o xogo sumará máis usuarios
veñen de saÃr á palestra dende a conta oficial de Nintendo en Twitter para
anunciar que Super Mario Run para
Android estará
dispoñible a partires do mes de marzo.
Queda por saberse a data final de lanzamento do xogo, pero o feito de sabermos
que verá a luz en marzo xa dá certa tranquilidade aos entusiastas das aventuras
do fontaneiro de Nintendo que non teñen dispositivos con iOS e querÃan gozar
desta curiosa entrega na que a mecánica do xogo adaptouse para poder xogarse
cun único dedo sobre a pantalla táctil. ConfÃase en que o xogo poida
descargarse de balde, tendo que pagar 9,99 euros para desbloquear os seus
contidos completos.
VÃdeo no que modemos ver como será o xogo na súa versión para Android