PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Street Fighter IV chega ao iPhone

mércores 10 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O anuncio da conversión do xogo Street Fighter IV para o iPhone abría incógnitas sobre o seu sistema de control, pois o uso de mandos virtuais sobre unha pantalla táctil non parece o máis atinado para un xogo de loita, pero hoxe puidemos saír de dúbidas, pois este agardado título de Capcom chegou á App Store, de xeito que os usuarios de iPhone e iPod Touch poden adquirilo por 7,99 euros para gozar dun xogo cunha formulación realmente nova e moi optimizada para os terminais de Apple, de xeito que podemos asegurar que non decepcionará aos seareiros desta franquía de xogos de loita.
Esta nova versión de Street Fighter IV conta con só 8 personaxes (limitación imposta por estar dirixido a un dispositivo portátil ao que chega coma un contido descargable de 201 Mbytes), 7 escenarios, 4 niveis de dificultade, personalización do sistema de control (podemos mover a posición dos botóns virtuais, aínda que a súa colocación predefinida é bastante boa), diversidade de ataques (incluíndo golpes especiais, ataques enfocados, super combos e ultra combos, coma na versión para consolas domésticas do xogo) e incluso un modo multixogador por Bluetooth.
Estamos ante o que polo momento é o mellor xogo de loita para o iPhone, aínda que é de agardar que nos vindeiros meses poida baterse con franquía coma Tekken.

JPEG - 92.2 KB
Finalmente os controis virtuais do xogo están moi optimizados
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS