Steve Jobs deixa temporalmente a dirección de Apple

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Na última aparición pública de Jobs era evidente a súa perda de peso

A pasada edición da Macworld Expo na que Apple tiña programada a súa derradeira presentación no evento non fixo acto de presenza Steve Jobs aducindo problemas de saúde, asegurando que continuaría a ocupar a dirección de Apple mentres se considerase capaz de exercer o cargo, sorprendendo que unha semana despois remita unha carta aos seus traballadores na que recoñeceu que os seus «problemas de saúde son máis complexos do que orixinalmente pensaba» polo que decidiu coller unha baixa médica que o deixa fóra da empresa ata finai de xuño para afastarse da atención mediática e centrarse na súa saúde.

O cambio físico de Steve Jobs en só un ano foi notable

Tim Cook será quen se faga cargo da dirección de compañía durante a ausencia de Jobs, o que non debería afectar á boa marca da empresa, pois temos que lembrar que os produtos de máis éxito da compañía (ordenadores e reprodutores multimedia) conservarán a súa boa aceptación á vez que hai que recoñecer que o traballo de deseño dos produtos non é obra dunha única persoa, pero a falta de Jobs notarase especialmente porque nos últimos anos propiciou o culto á súa persoa, polo que se tende a identificar a si mesmo coa súa compañía, sen chegar a ter a previsión Bill Gates en Microsoft (quen foi deixando as súas responsabilidades paulatinamente durante un par de anos para que o funcionamento e a imaxe da empresa non se resentise coa súa xubilación).
Algúns analistas coma Jim Goldman aseguran que Steve Jobs está nun estado de negación no tocante ao seu estado de saúde, o que propiciou unha política de comunicación moi confusa por parte de Apple sempre que se preguntaba polo estado físico de Jobs á vista dos notables cambios que presentaba nas súas aparicións públicas, e todo apunta a que o seu regreso a Apple podería non chegar nunca, pois parece que ten un novo cancro ou algún outro complicado problema que non lle permitirá manter o nivel de traballo dos últimos anos.

PUBLICIDADE