Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Startup Weekend na Coruña do 24 ao 26 de febreiro

luns 2 de xaneiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Comezamos o ano con novos eventos tecnolóxico-dixitais á vista, eventos nos que se pon de manifesto a nosa capacidade e as teorías se converten en práctica, visíbeis e con todo luxo de detalles prácticos. Nesta liña insírese Startup Weekend, que se vai celebrar en febreiro en Valencia (do 10 ao 12) e máis en Galicia, máis polo miúdo na Coruña e do 24 ao 26 de febreiro no Centro Ágora. Startup Weekend, un evento organizado pola plataforma de negocios Internet Business Booster, é un acontecemento que, na súa arela por acadar o máximo equilibrio entre o universal e o local, desenvólvese en centos de cidades de todo o mundo cos seus puntos en común e tamén coas súas particularidades.
O encontro inclúe, no seu formato xeral, 54 horas de actividades para deseñadores, desenvolvadores, promotores, publicistas, xefes de produto e, en definitiva, seareiros de startups que busquen un espazo común no que compartir ideas, formar equipos e darlle forma a proxectos de posíbeis empresas. O formato esténdese ao longo dunha semana, con experiencias prácticas que serven entre outras cousas para saber se cada startup que se prepara e que se presente pode ter potencialidade de éxito no futuro.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS