Sorprenden en Francia cunha Xbox One "deseñada por Tony Stark"

xoves, 28 de abril do 2016 Marcus Fernández

De cando en vez as empresas tecnolóxicas pechan alianzas coa industria cinematográfica, e lanzan produtos en colaboración que resultan moi rechamantes, e ao igual que boa parte do mundo desexaba botarlle a man enriba ao Samsung Galaxy S6 edge personalizado coa aparencia de Iron Man que saíu á venda nuns poucos mercados asiáticos co gallo do lanzamento do filme Los Vengadores: La Era de Ultrón, dende a división francesa de Xbox One fan algo semellante con Capitán América: Civil War e amosan unha Xbox One “deseñada por Tony Stark”.
Estamos ante unha edición limitada de só 3 consolas que se sortearán entre os usuarios que compartan esta campaña a través de Twitter, Facebook e Instagram, xenial idea que contribuirá á promoción do filme da semana á vez que mellora a percepción da Xbox One, consola que en Europa non goza do favor do público (tradicionalmente afín á marca PlayStation).

Vídeo desta impresionante promoción de Xbox Francia

PUBLICIDADE