Sorprenden cun xogo de dardos para iPad

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Aproveitando o feito de que moitos usuarios do iPad xa posúen un iPod Touch ou un iPhone, Key Lime 314 desenvolveu un videoxogo que converte o tablet de Apple nunha diada para xogar aos dardos, realizándose os lanzamentos suxeitando un iPhone/iPod Touch na man. Os dispositivos conéctanse entre eles a través de Bluetooth, de xeito que pode xogarse a este orixinal título sen acceso á Rede.
KL Dartboard é unha aplicación para iPad que está á venda por 2,99 euros, e utilízase en combinación coa aplicación para iPhone KL Darts (tamén existe unha versión Pro que está á venda por 0,79 euros e incorpora máis diversidade de dardos para xogar), estando estes programas aínda algo verdes, de xeito que haberá que agardar a sucesivas versións para que melloren a súa precisión e incorporen novos modos de xogo (está previsto que poida xogarse ao 301, 501, 601, 701 e 1001, así como a 1 xogador, pois actualmente só acepta partidas a dobres).

PUBLICIDADE