Sony venderá mangas para a PSP

mércores, 8 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Sony anunciou que a finais de ano a PlayStation Store nipona engadirá ao seu catálogo comics para poder mercarse coma descarga polos usuarios da consola portátil PSP, sen detallar unha data de lanzamento nin precisar se estes produtos irían dirixidos a calquera PSP ou só á PSPGo (orientada aos contidos descargables).
Polo momento parece que esta iniciativa limitarase á venda de manga no Xapón, aínda que non sorprendería que se espallase ao cómic occidental, que actualmente xa está presente para terminais con Android e para o iPhone, aínda que cun catálogo moi reducido, pois a viabilidade da banda deseñada coma contido descargable aínda está por comprobar, especialmente en dispositivos de pequenas dimensións que non poden reproducir o sistema de lectura tradicional do cómic, precisando do uso do zoom ou partindo as páxinas en viñetas soltas.

PUBLICIDADE