Sony comezará a comercializar os seus ultraportátiles en febreiro
xoves, 8 de xaneiro do 2009
Hai un par de
semanas adiantamos que Sony
estaba a preparar os seus propios ultraportátiles, e finalmente o
fabricante xaponés amosou as súas cartas, e iniciará os seus VAIO Serie P cun
equipo de 8 polgadas cunha resolución de 1.600 x 768 pÃxeles con
retroiluminación LED, procesador Intel Atom a 1,33 GHz, 2 Gb de RAM, disco duro
de 60 Gb, receptor GPS, webcam, Wi-Fi (compatible con IEEE 802.11n), Bluetooth,
opción 3G, un peso de só 638 gramos e unha autonomÃa máxima de 4 ou 8 horas
(segundo contemos cunha baterÃa normal ou o modelo de alta capacidade).
Os Sony
VAIO da Serie P chegarán a España en febreiro a un prezo que parte
dos 999 euros e tamén existirán opcións de mellora do procesador
(ata un Intel Atom a 1,66 GHz) e da súa unidade de disco (que se poderÃa
cambiar por unha unidade SSD de ata 128 Gb, reducindo o peso do equipo en 20
gramos).
Estes novos equipos poderÃan funcionar con
Windows Vista ou cunha interface XrossMediaBar de arranque case
instantáneo, cunha interface que lembra á PSP ou a certos televisores BRAVIA.
Aparte dunha alta portabilidade, Sony tamén coida a estética deste equipo e
venderá en distintas cores vibrantes e brillantes, pechando un produto
claramente diferenciado dos seus competidores en prezo, prestacións e filosofÃa
de uso.