AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Sony amosa no IFA a súa integración de Google TV

luns 6 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Aínda que tardaremos uns meses en ver realmente en funcionamento o que permitirá a plataforma Google TV, durante a pasada edición da feira IFA de Berlín a xente de Sony quixo deixar constancia do seu apoio a esta tecnoloxía que vai integrar nalgúns dos seus televisores (solución máis atractiva que a adquisición dun reprodutor externo coma o Logitech Revue) amosando no seu expositor da feira xermana da electrónica de consumo un bucle de vídeo de pouco máis de 2 minutos no que podía verse o funcionamento de Google TV en accións como a busca web, o acceso a Google Maps, YouTube e Picasa, aplicacións favoritas e a función picture-in-picture.
Polo momento estamos nunha fase sen madurar desta tecnoloxía que permitirá levar a Internet ao televisor dun xeito intuitivo e que, posiblemente estea baseada en procesadores Intel Atom CE4100 a 1,2 GHz cun procesador gráfico PowerVR SGX535, ou sexa, que tería unha potencia semellante a dun móbil intelixente de alta gama ou dun tablet, aínda que sendo capaz de traballar simultaneamente con 2 fluxos de vídeo a 1.080p. A Sony Internet TV tamén podería apoiarse en Google e a tecnoloxía Flash para alzarse como unha interesante plataforma de videoxogos.
Aínda é unha incógnita cómo casarán dende Sony a súa asociación con Google co feito de estar a desenvolver unha plataforma de seu para a distribución de contidos a través da Rede.


O vídeo de demostración da integración de Google TV en televisores de Sony
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS