Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Seesmic incorpora soporte para múltiples contas de usuario en Twitter

venres 5 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

O uso de Twitter dende o móbil é unha das súas aplicacións naturais (de aí a súa limitación de carácteres por mensaxe) pero coas tarifas planas de datos móbiles e os teléfonos intelixentes esta experiencia chegou máis aló, e deixou de lado as SMS optando por aplicacións coma Seesmic para móbiles con Android, que vén de actualizarse para incorporar unha prestación moi desexada: soporte de múltiples contas.
Deste xeito, un usuarios poderán xestionar dende o seu móbil varias contas de Twitter, e incluso publicar a mesma actualización en varias contas á vez. A maiores tamén permite elixir un tipo de letra máis grande, conta con actualizacións automáticas de perfiles, corrección automática, a posibilidade de cambiar o contrasinal de Twitter e tamén lembra a posición de desprazamento amosando os novos tuiteos sobre a posición actual (opción que pode desactivarse).


Explicación das novidades en Seesmic

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa