Santiagosiete procura o mellor blog da comarca compostelá

martes, 3 de marzo do 2009 Fernando Sarasketa

O xornal Santiagosiete quere servir de canle entre os blogueiros da comarca compostelá e os restantes blogueiros e/ou internautas en xeral. Con este obxectivo, vén de pór en marcha un concurso para atopar, coa axuda da comunidade de usuarios da Rede, a mellor bitácora da cidade e da súa contorna. O certame, que polo de agora xa conta con 60 cadernos inscritos, participando, fica aberto a todo tipo de propostas. A arela dos seus responsables é que o concurso sexa máis ou menos coma a blogosfera en si mesma, pluricultural e pluritemática. Así o dan a entender nas bases do certame: “Dá igual do que nos fales: actualidade, política, crítica, poesía, viaxes, gastronomía, diario persoal, etc… O importante é o interese que esperte”, engaden. Á hora de atopar o mellor caderno teranse en conta, entre outras, as seguintes valoracións: calidade técnica do blog, estética, interese dos contidos, orixinalidade da proposta, número de lectores, comentarios e subscritores e frecuencia de actualización.
O xornal Santiagosiete, que anima a todos os blogueiros composteláns a participar na iniciativa, facilita un enderezo para a achega de propostas: blogsantiagosiente@gmail.com. Por certo que entre os bitacoreiros que xa están oficialmente inseridos no concurso atopamos algún que outro vello coñecido:
Novas Vitenses
Vite en boca de todos
Sempre Compos
Acento Gallego
El Dorado
Tamén Somos Socialistas de Teo
A Mosca Esquerdosa
Fòrum Cebollània
Ultrasónica
A Regueifa
Colineta
Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo
As campás soarán unha vez máis
Compostela-Barbanza 2009
Rabudo
Las Horas Tranquilas
Patada al Diccionario
Santo 2000
Ese estraño silencio
Lampreas y Boquerones
Capítulo 0
La Caja de los Hilos
Compostela Solidaria
Desbloquear Teo
Os mentirosos compulsivos visitan ó psicologo

DS Gaming Blog
El blog de Álvaro Lorenzo
SD-Compostela
Bellita Sánchez Morales
El sabor de lo dulce
Ordessiete
Club de Lectura de Fontiñas
Asociación Filloas da Pedra de A Baña
Planeta Blogastrónomos Galegos
El Sabor de lo Salado
Cosendo Abrazos
Esto é Máis que un Clube de Fútbol
El Bosque de Nunca Jamás
O Cartafol de Silencios
Defensor da Xente de Teo
Bombassa
En Compostela
sbastón informa
Acepteo
Socialistas de Teo
Augas Mansas
Vivir en Cacheiras
Tilenses
Santiago Amor
Manuel Fraga Carou en la Vía Láctea compostelana
O blog de Alfonso Rueda
Esta Nena es Buena
Blog de Novas Xeracións de Ames
Blog de María Jesús Sainz
Fala con Quin
Capítulo Cerdo
Cinema Friki

PUBLICIDADE