Sanción de 300.000 euros ao Concello de Málaga por ofrecer Wi-Fi de balde
martes 23 de febreiro do 2010, por |
A Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT)
impuxo ao Concello de Málaga unha multa de 300.000 euros por ofrecer servizos
de comunicacións electrónicas sen estar inscrito no rexistro de operadoras,
no que consideran que trátase dunha infracción moi grave ao explotar unha rede
pública de comunicacións e prestar servizo sobre a mesma coma provedor de
acceso á Internet sen presentar ante a CMT a notificación pertinente.
Esta sanción prodúcese despois de que, tras consultar ante a CMT o Concello de
Málaga a posibilidade de ofrecer Wi-Fi aos seus cidadáns, respondéuselle que
para iso era preciso que se constituÃran coma operador, pero dende o
consistorio decidiron facer ouvidos xordos, e camuflar a súa rede sen fÃos
Biznaga de autoprestación, ou sexa,
comunicando á CMT que só era unha rede sen fÃos instalada en 40 edificios
municipais para uso interno e con limitacións, o que resultou ser falso.
Dende a CMT advirten da importancia de inscribirse como
operador para dar servizos de acceso á Internet, pois os organismos
que queren facer tal teñen que seguir unhas normas, coma evitar a competencia
desleal coas operadoras privadas, ás que un acceso de balde sen limitacións
pode supor un prexuÃzo importante.
O expediente malagueño foi longo, e durante un ano e medio a CMT estudou as
condicións nas que estábase a explotar a rede Biznaga, concluÃndo que en moitos
puntos estaba a funcionar coma un acceso á Internet por Wi-Fi de balde, como en
instalacións deportivas, teatros ou museos, o que está claramente fóra do
ámbito da autoprestación (para a que
non serÃa preciso darse de alta coma operador).
Actualmente xa hai cidades que ofrecen servizos Wi-Fi de balde, coma Barcelona
ou Avilés, pero nestes casos sométense ás normas de CMT para non lesionar o
mercado das telecomunicacións.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















