Samsung pon á venda un televisor 3D de plasma por menos de 1.000 dólares
venres 3 de setembro do 2010, por |
A tecnoloxía 3D
está a xogar forte nos televisores, pero a falta de contidos e o prezo están a
ser importantes atrancos para a súa implantación, aínda que ambos factores
están a corrixirse paulatinamente, e coma exemplo da normalización dos prezos
deste tipo de produtos podemos destacar que o
televisor de plasma PN50C490 de Samsung está xa dispoñible nos EE.UU. por menos
de 1.000 dólares, polo que entraría nun rango de prezo que moitos
consumidores estarían dispostos a asumir para gozar da nova experiencia
audiovisual que serve tanto para películas como para retransmisións deportivas
e videoxogos.
O televisor en cuestión non é un tope
gama, senón que operaría a unha resolución de 720p, e carecería de
conectividade coa Internet, pero grazas a que emprega tecnoloxía de plasma
achega un excelente contraste nas súas imaxes, polo que satisfará a moitos
consumidores. É de agardar que en poucas semanas chegue a Europa por un prezo
que podería baixar dos 1.000 euros.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















