SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Samsung distribuíu máis de 1 millóns de unidades do seu Galaxy Note

xoves 29 de decembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A presentación en setembro do Samsung Galaxy Note espertou bastante interese por tratarse dun dispositivo con Android cunha pantalla Super AMOLED de 5,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, polo que resulta difícil saber se estamos ante un smartphone enorme ou cun tablet cativo, que parece querer recuperar o espírito das vellas PDA (pois está pensado para o seu uso cun punteiro chamado S Pen) e conta cunha grande confianza do seu fabricante, que vén de anunciar que distribuíu máis 1 millón de unidades deste trebello.
O Samsung Galaxy Note está xa dispoñible en distintos países de Europa e Asia, e a primeiros de 2012 chegará tamén a EE.UU., onde agarda sumar unhas importantes vendas grazas a críticas de medios como o Financial Times, onde aseguran que é unha boa solución para usuarios que queiran gozar de prestacións de tablets e smartphones sen ter que cargar con 2 dispositivos.

JPEG - 103.4 KB
O Samsung Galaxy Note xa está dispoñible en varios países de Europa e Asia
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS